lunes, 16 de enero de 2012

Bolsas de formación

Destino das bolsas: a sede da Dirreción Xeral de Relacións Exteriores coa UE, as oficinas técnicas de cooperación da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (OTC) ou algunha organización internacional multilateral, nalgún dos países onde desenvolven os seus proxectos.
Duración das bolsas: as actividades de formación desenvolveranse ao longo dos anos 2012 e 2013 cunha duración máxima de doce meses, entre o 1 de maio de 2012 e o 30 de abril de 2013.
Contía: o importe da bolsa será de 1200€ brutos mensuais, no caso de que os destinos sexan no exterior e 1000€ brutos mensuais, no caso de que os destinos sexan na sede da dirección xeral.
Requisitos:
- Posuír a nacionalidade española o u ser nacional dun Estado membro da UE.
- Ter veciñanza administrativa en Galicia.
- Ter nado o un de xaneiro de 1980 ou con posteioridade a esa data.
- Estar en posesión de titulo de licenciado/a, diplomado/a, grao ou equivalente.
- Non ser ou ter sido beneficiario dunha bolsa de formación no eido de cooperación internacional para o desenvolvemento da Xunta de Galicia.
Formulario da solicitude: https://sede.xunta.es/portada
Para máis información dirixirse á Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UEa traves de:
- 981 541 021
- cooperacion.exterior@xunta.es

Orde do 30 de decembro de 2011 pola que se aproban as bases reguladoras para a convocatoria de doce bolsas de formación de expertos/as en cooperación internacional para o desenvolvemento. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Escriba comentario: